Coello en salsa de peras


Esta é unha receita moi sinxela e facil de facer, vinlla facer a Karlos Arguiñano e púxenme a facela e , a verdade é que resulta moi doada de elaborar e ademais  está moi rica.

Ingredientes

  • 1 coello
  • 200 ml de cervexa
  • 1 porro
  • 1 cebola
  • 2 peras
  • 2 culleres de aceite
  • sal
  • pementa

Preparación

  • Salpimentar o coello e douralo nunha tixola
  • Cortar os porros e as cebolas finamente e poñelos a pochar nunha tixola con dúas culleres sopeiras do aceite de fritir o coello. Cociña todo durante 8 minutos
  • Engade as peras cortadas en anacos e friteas un anaco
  • Engade a cervexa e cociña todo durate 15 minutos
  • Tritura a salsa cunha batidora ata que quede moi finiña.
  • Engade o coello e cociña todo xunto durante 30 minutos e .listo]

Podes acompañar o prato ben cunhas patacas fritidas, aerroz ou, como fixen eu, cun repolo corazón cortado en xuliana e frito nunha culler de aceite e un allo, queda decoicioso.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *