Empanada de xoubas


empanadas

Esta empanada ten a súa historia que vos vou contar. Un bo día decidín facer unha empanada de xoubas das que veñen en lata. Preparei todo, fixen unha masa preciosa, un bo amoado con ceboliña, pementos e tomate. Preparei as xoubas e ata lles quitei as espiñas centrais e deixeinas nun pratiño preparadas para colocar no seu momento.

Ata aquí todo ben. Quentei o forno, estirei a masa , coloquei o amoado e tapei.  E  cando xa estaba no forno …vin as xoubas no prato. Polo que resultou unha empanada de xoubas sen xoubas. Quedou riquísima. Abrímola polo medio e metémoslle as xoubas xa no prato.

Esta é a historia da  empanada de xoubas sen xoubas pero esta é a receita da empanada de xoubas simplemente.

A masa está feita ao estilo da comarca de Laciana , en León. Receta das cuñadas da miña irmá.

INGREDIENTES PARA A MASA ESTILO SOSAS

1/2  kgr de fariña mais ou menos

200 ml de auga

4 culleradas de leite

4 culleradas de aceite de oliva

7 grs de sal

15 grs levadura panadero

1 ovo

PREEPARACIÓN

  • Poñer a auga a temperar xunto co leite. Engadir o aceite.
  • Nun bol poñer a fariña e desmigar a levadura coas mans.
  • Mesturar e facer un oco no medio, engadir o ovo sen batir, a auga co aceite e o leite. Remecer con culler de madeira.
  • Seguir amasando a man engadindo mais fariña se fora necesario.
  • Deixar levedar nun sitio morno ata que doble o tamaño.

INGRDIENTES PARA O AMOADO

3-4 cebolas grandiñas troceadas finas.

200 grs pemento verde ou roxo cortado en tiras.

2 tomates grandes pelados e cortados en trozos pequenos,

3 latas pequenas de xoubas

PREPARACIÓN DO AMOADO

  • Poñer ao lume unha tixola con aceite de oliva e cando estea quente engadir a cebola . Poñer a lume medio.
  • Cando empece a dourar , engadir os pementos e seguir a lume medio. Un par de minutos máis. Agora botar os tomates e deixar que se faga ben todo xunto. Retirar do lume. Deixar arrefriar .
  • Dividir a masa en dúas partes , a de arriba un pouco mais pequena.
  • Estirar a masa de abaixo e colocala na bandexa do forno previamente cuberta con papel de cociña, poñer o amoado ben estirado e colocar as xoubas repartidas por toda a superficie. Tapar co resto da masa e deixar un pouco para facer as tiras de adornar. Pódese pintar cun ovo batido.
  • Meter noo forno prequencido, arriba e abaixo, a 180 º e cocer media hora.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *