Espaguetes de cabaciña con peixe sapo


Este prato é moi sinxelo de facer e ademáis rápido. Está moi saboroso e ademáis é moi axeitado para controlar o peso polas poucas calorias que ten.

INGREDIENTES

Ingredientes para dúas persoas

  • 2 cabaciñas medianas
  • Un toro de cabaza cacahuete
  • 3 toros de peixe sapo
  • 3 dentes de allo
  • Un petisco de pementa
  • Unha culleriña de pementón
  • Unha culler de limón
  • 1 culler de aceite de oliva virxe extra
  • Sal

PREPARACIÓN

  • Limpar as cabaciñas. Facer espeguetes coas cabaciñas ( pode usarse un spirulizer para facer os espaguetes). Reservar
  • Pelar os allos e cortalos en láminas.
  • Pelar a cabaza, limpala e cortala en dados pequenos.
  • Botr unha culler de aceite nun wok ou nunha tixola. Engadir os allos doralos un pouco e logo engadir os anaquiños de cabaza. Cando estea todo dourado, retiramos e reservamos.
  • Cortamos en anacos os toros de rape. Quitamos a espiña central. 
  • Botar o rape nun wok e douralo. Engadir a pementa e o pementón.
  • Bota o limón. Se queremos dar máis sabor podemos engadir a reladura da casca.
  • Engadimos os espaguetes de cabaciña ao rape e sofrimolos uns dous ou tres minutos para que queden ao dente e non solten moita auga. A continuación engadimos a cabaza e os allos reservados. Servimos.
  • Podemos outras especies diferentes, as que máis nos gusten, ou substituir o rape por mexilóns, gambas ou polo.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *