Coles de bruxelas con pavo


Esta receita é  moi facil de facer. É un prato sinxelo é moi rápido de facer. Ademais tamén é axeitada para control de peso pois ten moi poucas calorias. Neste caso as cantidades están pensadas para dúas persoas.

INGREDIENTES

  • 300 gr. coles de bruxelas
  • 150 gr. peituga de pavo
  • aceite de oliva virxe extra
  • noz moscada
  • sal
  • dous dentes de allo
  • Pementón doce
  • Ourego
  • Allo en po
  • Pementa

PREPARACIÓN

  • Cocer as coles de bruxeles nunha pota ao vapor 25 minutos.  Reservar
  • Cortar a peituga en cadradiños e adobar con aceite, pementa,  pementón, doce, sal, allo en po e ourego. Resrvar.
  • Botar nunha pota dúas culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra e sofrir os dentes de allo cortado en láminas.
  • Botar as peitugas e sofrilas un pouco. Engadir as coles de bruxelas, e a noz moscada. Sofrir todo o conxunto a lume maino durante 5 minutos.
  • Servir

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *