Lomo de porco con verduras


Como seguimos co confinamento botei man dun pico de lomo de porco que tiña no conxelador e engadinlle unhas verduras para facelo máis saboroso e saiu un prato moi xeitoso.

INGREDIENTES

  • 350 gr. de lomo de porco picado
  • 50 gr. de taquiños de xamón. Unha loncha grosa
  • 1 cebola mediana
  • 2 chalotas
  • 1 cenoria
  • 1 dente de allo
  • 1/2 pemento vermello
  • 50 gr. de cabaza
  • 1/2 cabaciña mediana
  • 50 gr. de repolo cortado en xuliana
  • 300 gr. de salsa de tomate caseiro.
  • 3 culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra
  • 1 sobre de azafran en rama
  • 1 guindilla
  • 1 culler de postre de pementón doce
  • Sal  e pementa negra moida
  • 1/2 baso de viño
  • Albahaca e ourego

PREPARACIÓN

  • Poñemos ao lume unha pota co aceite. Cando estea quente incorporamos, cortado en anacos pequeniños, o allo, a cenoria, a cebola e as chalotas e douramos a lume maino.
  • Engadimos a cabaciña e a cabaza cortada en anacos pequeniños e a guindilla xunto co repolo.
  • Engadimos o lomo picado e douramos lixeiramente remexendo ben para que a carne non se apelmace e se misture ben coas verduras.
  • Botamos o xamón,  o pementón e o azafran.
  • Engadimos o viño e deixamos que reduza.
  • Incorporamos a salsa de tomate, o sal, o ourego, a albahaca e a pementa negra.
  • Cocemos a lume maino durante 15 minutos e listo.

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *