Como seguimos co confinamento temos tempo para facer pratos máis elaborados. Había tempo que quería facer unha costela de porco con ao estilo americano, son salsa barbacoa. Así que decidinme a facela e teño que dicir que saiu moi saborosa e con gañas de volver repetila noutra ocasión.
INGREDIENTES
- 1/2 cebola
- 2 dentes de allo
- 1/2 vaso de kepchup
- 2 culleres sopeiras de mostaza
- 3 culleradas cocacola
- 3 culleres sopeiras de mel
- 3 culleres sopeiras de vinagre
- 1/2 culler de café de sal
- Pementa negra ao gusta (sede xenerosos/as queda moi ben que pique). Se vos gusta o picante podedes engadir unha guindilla
- 3 culleres sopeiras de zume de laranxa
- 3 culleres de aceite de oliva virxe extra
- 1 costela de porco que teña carne, non das que están moi peladas.
Para a guarnición
- Repolo
- 2 mazás
- Xenxigre ( 1 cm de grosor)
- 2 dentes de allo
- Dúas culleres de aceite de oliva virxe extra
PREPARACIÓN
- Picar moi finiño o allo e a cebola e fritimolo nunha tixola con tres culleres de aceite. A lume maino para que a cebola se caramelice un pouco.
- Engadir o kerpchup e remexemolo todo moi ben
- Engadimos o resto dos ingredientes, o sal e a pementa e cociñámolo todo uns minutiños para que espese un pouco. Retiramolo do lume e deixamolo arrefriar para que espese un pouco máis
- Troceamos a costela e botámola nun recipiente fondo. Misturamos coa salsa en imprenámola ben por todos lados. Deixamos que macere na salsa durante unha hora.
- Quecemos o forno a 180º e metemos a costela ben impregnada coa salsa, deixamos unha pouca salsa para mollar a carne durante a cocción. Deixamos que se cociñe durante 1 hora aproximadamente, dependendo do forno. A media coccción dámoslle a volta á costela. Cada vexamos que está moi seca mollamos a costela cun pincel impregnado da salsa que reservamos.
- Mentras se fai a costela poñemos a cocer as mazás cortadas en trozos conxuntamente co xenxibre picadiño e medio vaso de auga durante 1/4 de hora. Logo pasamos todo pola batedora e facemos un puré.
- Nunha pota botamos dúas culleres de aceite e dúas cabezas de allo. Cando estea o allo dourado engadimos o repolo cortado en xuliana fina e cocemos durante 1/4 de hora a lume maino.
- Servimos as costelas acompañadas do repolo e o puré de mazá.