Este caldo facíao miña sogra. Na zona de Ortigueira é bastante normal pero na miña casa, en Ribadeo non se facía.
É moi importante que as fabolas señan moi frescas e das primeiras que saen porque no caso contrario quedarán coa pel moi dura e non estará rico o caldo.
INGREDIENTES
150 grs. de fabas pintas postas a remollo do día anterior.
350 grs de fabolas novas ( ou fabas lobas )
3 patacas medianas
2 dentes de allo, sal e aceite.
PREPARACIÓN
Poñer as fabas a cocer en auga fría.
Cando falten uns dez minutos para que estean, engadir as fabolas e as patacas troceadas pequenas.
Cando todo estea ben cocido, engadir un sofrito feito con tres culleradas de aceite de oliva cos dous dentes de allo dourados nel.