Arroz con verduras


Arroz con verduras

Este arroz está realmente delicioso, cun sabor a comida indú moi característico. Resulta moi sinxelo de elaborar e ten poucas calorias.

INGREDIENTES

2 persoas

150 gr arroz de grao longo (tipo basmati)

1 dente de allo

1/2 cebola

1/2 cenoura

1/2 cabaciña

1/2 coliflor

50 gr de feixóns verdes

50 gr de chícharos

caiena (ao gusto)

100 ml de tomate natural triturado

300 ml de auga

2 culleradas de aceite de oliva virxe extra

xenxibre en po (1 culleriña de postre)

comino

cúrcuma

garam masala

sal

PREPARACIÓN

  • Cocer o arroz e reservar
  • Pelar os dentes de allo e machacalos ata facer un puré
  • Pelar a cebola e picala finiña
  • Pelar a cenoura e cortala en xuliana
  • Lavar a cabaciña e cortala en dados pequenos
  • Cortar a coliflor en anaquiños pequenos
  • Quitarlle os fios aos feixóns e logo cortalos en xuliana
  • Quentar dúas culleradas soperias de aceite nunha tixola de paredes altas ou nunha pota.
  • Cando o aceite estea quente botar a cebola e reforgar ata que se poña transparente. A continuación engadir o allo machacado e a caiena e refogar uns minutos máis e cando estea ben pasado engadir o tomate triturado e sofrir ata que o contido da tixola perda un pouco de auga.
  • Agregar a cenoura, a cabaciña, a coliflor, os feixóns cortados en xuliana e refogar durante uns minutos. A continuación engadir a auga e esperar a que ferva. Engadir o xenxibre, o comino a cúrcuma e o garam masala.
  • Tapar e deixar cocer a lume morno durante 15 minutos. Retirar do lume e poñer a punto de sal.
  • Servir acompañado co arroz.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *