Este prato é moi sinxelo de facer e ademáis rápido. Está moi saboroso e ademáis é moi axeitado para controlar o peso polas poucas calorias que ten.
INGREDIENTES
Ingredientes para dúas persoas
- 2 cabaciñas medianas
- Un toro de cabaza cacahuete
- 3 toros de peixe sapo
- 3 dentes de allo
- Un petisco de pementa
- Unha culleriña de pementón
- Unha culler de limón
- 1 culler de aceite de oliva virxe extra
- Sal
PREPARACIÓN
- Limpar as cabaciñas. Facer espeguetes coas cabaciñas ( pode usarse un spirulizer para facer os espaguetes). Reservar
- Pelar os allos e cortalos en láminas.
- Pelar a cabaza, limpala e cortala en dados pequenos.
- Botr unha culler de aceite nun wok ou nunha tixola. Engadir os allos doralos un pouco e logo engadir os anaquiños de cabaza. Cando estea todo dourado, retiramos e reservamos.
- Cortamos en anacos os toros de rape. Quitamos a espiña central.
- Botar o rape nun wok e douralo. Engadir a pementa e o pementón.
- Bota o limón. Se queremos dar máis sabor podemos engadir a reladura da casca.
- Engadimos os espaguetes de cabaciña ao rape e sofrimolos uns dous ou tres minutos para que queden ao dente e non solten moita auga. A continuación engadimos a cabaza e os allos reservados. Servimos.
- Podemos outras especies diferentes, as que máis nos gusten, ou substituir o rape por mexilóns, gambas ou polo.