Esta receita é moi facil de facer. É un prato sinxelo é moi rápido de facer. Ademais tamén é axeitada para control de peso pois ten moi poucas calorias. Neste caso as cantidades están pensadas para dúas persoas.
INGREDIENTES
- 300 gr. coles de bruxelas
- 150 gr. peituga de pavo
- aceite de oliva virxe extra
- noz moscada
- sal
- dous dentes de allo
- Pementón doce
- Ourego
- Allo en po
- Pementa
PREPARACIÓN
- Cocer as coles de bruxeles nunha pota ao vapor 25 minutos. Reservar
- Cortar a peituga en cadradiños e adobar con aceite, pementa, pementón, doce, sal, allo en po e ourego. Resrvar.
- Botar nunha pota dúas culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra e sofrir os dentes de allo cortado en láminas.
- Botar as peitugas e sofrilas un pouco. Engadir as coles de bruxelas, e a noz moscada. Sofrir todo o conxunto a lume maino durante 5 minutos.
- Servir