Esta empanada é moi facil de facer e rápida. Ideal para estes días de reclusión.
INGREDIENTES
- 2 latas de sardiñas en conserva de 115 gr. cada unha
- 1 pemento verde
- 2 cebolas
- 4 dentes de allo
- 3 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra
- 1 ovo
- sal
Para a masa
- 1 culler sopeira rasa de pementón
- sal
- 10 gr. de levadura de panadeiro fresca
- 4 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe extra
- 180 ml de auga
- 400 gr. de fariña
PREPARACIÓN
- Colocar todos os ingredientes – fariña, auga, aceite, sal, levadura, pementón – da masa nun bol e misturar e amasalos ben ata conseguir unha masa homoxénea. Deixala no bol, tapala cun pano húmido e deixar que repouse ata que dobre o seu volume.
- Quitar o aceite das sardiñas e sacarlle as espiñas.
- Pelar e picar os allos e refogalos nas tres culleradas de aceite. Pelar e picar as cebolas e o pemento e incorporalos. Sazona e frite todo ben. Escoar e reservar a zaragallada nun plato desbotando o aceite.
- Bota un pouco de fariña na encimeira. Divide a masa en dous anacos. Estíraos con axuda dun rodo. Recorta os dous anacos de xeito que formen un rectángulo (un un pouco máis pequeno que o outro). O rectágulo inferior un pouco máis grande para logo poder dobralo hacia arriba e pechar a empanada.
- Extende a masa máis grande nunha bandexa de forno cuberta de papel de forno. Pon enriba a zaragallada de cebola (deixa uns bordes libres ao redor para poder pechar a empanada). Coloca por enriba as sardiñas.
- Cubre co outro rectángulo de masa e pecha a empanada dobrando os bordes do rectángulo inferior sobre o superior ao longo de toda a contorna.
- Bate un pouco o ovo e pinta a superficie da empanada.
- Cunha tesouras fai un corte en cruz no centro da empanada para facer unha cheminea pola que respire, porque senón inchará.
- Coloca a empanada na segunda posición empezando por abaixo. Fornea a 200º con aire durante 30 minutos (dependendo do forno).