Como seguimos co confinamento botei man dun pico de lomo de porco que tiña no conxelador e engadinlle unhas verduras para facelo máis saboroso e saiu un prato moi xeitoso.
INGREDIENTES
- 350 gr. de lomo de porco picado
- 50 gr. de taquiños de xamón. Unha loncha grosa
- 1 cebola mediana
- 2 chalotas
- 1 cenoria
- 1 dente de allo
- 1/2 pemento vermello
- 50 gr. de cabaza
- 1/2 cabaciña mediana
- 50 gr. de repolo cortado en xuliana
- 300 gr. de salsa de tomate caseiro.
- 3 culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra
- 1 sobre de azafran en rama
- 1 guindilla
- 1 culler de postre de pementón doce
- Sal e pementa negra moida
- 1/2 baso de viño
- Albahaca e ourego
PREPARACIÓN
- Poñemos ao lume unha pota co aceite. Cando estea quente incorporamos, cortado en anacos pequeniños, o allo, a cenoria, a cebola e as chalotas e douramos a lume maino.
- Engadimos a cabaciña e a cabaza cortada en anacos pequeniños e a guindilla xunto co repolo.
- Engadimos o lomo picado e douramos lixeiramente remexendo ben para que a carne non se apelmace e se misture ben coas verduras.
- Botamos o xamón, o pementón e o azafran.
- Engadimos o viño e deixamos que reduza.
- Incorporamos a salsa de tomate, o sal, o ourego, a albahaca e a pementa negra.
- Cocemos a lume maino durante 15 minutos e listo.