Costela de porco ao forno


Como seguimos co confinamento temos tempo para facer pratos máis elaborados. Había tempo que quería facer unha costela de porco con ao estilo americano, son salsa barbacoa. Así que decidinme a facela e teño que dicir que saiu moi saborosa e con gañas de volver repetila noutra ocasión.

INGREDIENTES

  • 1/2 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1/2 vaso de kepchup
  • 2 culleres sopeiras de mostaza
  • 3 culleradas cocacola
  • 3 culleres sopeiras de mel
  • 3 culleres sopeiras de vinagre
  • 1/2 culler de café de sal
  • Pementa negra ao gusta (sede xenerosos/as queda moi ben que pique). Se vos gusta o picante podedes engadir unha guindilla
  • 3 culleres sopeiras de zume de laranxa
  • 3 culleres de aceite de oliva virxe extra
  • 1 costela de porco que teña carne, non das que están  moi peladas.

Para a guarnición

  • Repolo
  • 2 mazás
  • Xenxigre ( 1 cm de grosor)
  • 2 dentes de allo
  • Dúas culleres de aceite de oliva virxe extra

PREPARACIÓN

  • Picar moi finiño o allo e a cebola  e fritimolo nunha tixola con tres culleres de aceite. A lume maino para que a cebola se caramelice un pouco.
  • Engadir o kerpchup e remexemolo todo moi ben
  • Engadimos o resto dos ingredientes, o sal e a pementa e cociñámolo todo uns minutiños para que espese un pouco. Retiramolo do lume e deixamolo arrefriar  para que espese un pouco máis
  • Troceamos a costela e botámola nun recipiente fondo. Misturamos coa salsa en imprenámola ben por todos lados. Deixamos que macere na salsa durante unha hora.
  • Quecemos o forno a 180º e metemos a costela ben impregnada coa salsa, deixamos unha pouca salsa para mollar a carne durante a cocción. Deixamos que se cociñe durante 1 hora aproximadamente, dependendo do forno.  A media coccción dámoslle a volta á costela. Cada vexamos que está moi seca mollamos a costela cun pincel impregnado da salsa que reservamos.
  • Mentras se fai a costela poñemos a cocer as mazás cortadas en trozos conxuntamente co xenxibre picadiño e medio vaso de auga durante 1/4 de hora. Logo pasamos todo pola batedora e facemos un puré.
  • Nunha pota botamos dúas culleres de aceite e dúas cabezas de allo. Cando estea o allo dourado engadimos o repolo cortado en xuliana fina e cocemos durante 1/4 de hora a lume maino.
  • Servimos as costelas acompañadas do repolo e o puré de mazá.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *