Esta é unha receita moi sinxela e facil de facer, vinlla facer a Karlos Arguiñano e púxenme a facela e , a verdade é que resulta moi doada de elaborar e ademais está moi rica.
Ingredientes
- 1 coello
- 200 ml de cervexa
- 1 porro
- 1 cebola
- 2 peras
- 2 culleres de aceite
- sal
- pementa
Preparación
- Salpimentar o coello e douralo nunha tixola
- Cortar os porros e as cebolas finamente e poñelos a pochar nunha tixola con dúas culleres sopeiras do aceite de fritir o coello. Cociña todo durante 8 minutos
- Engade as peras cortadas en anacos e friteas un anaco
- Engade a cervexa e cociña todo durate 15 minutos
- Tritura a salsa cunha batidora ata que quede moi finiña.
- Engade o coello e cociña todo xunto durante 30 minutos e .listo]
Podes acompañar o prato ben cunhas patacas fritidas, aerroz ou, como fixen eu, cun repolo corazón cortado en xuliana e frito nunha culler de aceite e un allo, queda decoicioso.