Esta é unha receita moi sinxela de facer, que da moi pouco traballo e que é moi saborosa ademáis de que así tomamos verduras de outro xeito.
Ingredientes
- 1/2 repolo
- 1 paquetiño de xamón dese que xa ben picado ou dúas lonchas de xamón cortado en anaquiños
- 1 porro
- 4 ovos
- pementa ao gusto
- 150 ml de leite
Preparación
- Lavamos o repolo e cortamolo en anaquiños moi pequeniños e cocemolo ao vapor durante 15 minutos
- Picamos o xamón
- Botamos un pouquiño de aceite e sofrimos o porro, cando estea casi listo engadimos o xamón para que se dore un pouco e non se sale demasiado.
- Nun bol batemos os ovos coa pementa e o leite. Cando estea listo o porro e o xamon engadimolo a esta mistura. Tamén engadimos o repolo cando estea feito. Misturamos ben todo.
- Forramos un molde que vaiamos empregar ( pode ser un molde de queique) con papel de forno, así será moi doado desmoldalo despois.
- Vertemos a mestura no molde forrado.
- Quentamos o forno a 180º e poñemos o molde no forno durante 40 minutos. Se o pinchamos cun espeto e sae limpo entón quere dicir que xa estará listo.
- Deixamolo arrefriar un pouco antes de desmoldalo.
- Podemos acompañalo cunha salsa de tomate fritido, maionesa ou ensalada.