Flan parisien


Decidinme a facer esta receita que eu descoñecia e que me pareceu unha forma orixinal de cociñar a crema pasteleira. Este doce e algo moi parecido aos pasteliños de Belén pero en plan macro. Eu usei un molde de 22 cm.  Así que imos aló. 

Ingredientes

Masa quebrada

  • 200 gr. de fariña
  • 100 gr de mateiga
  • 2 gr. de sal
  • 50 ml de auga

Para o recheo

  • 750 gr. de leite enteiro
  • 2o0 gr. de nata líquida
  • 155 gr de azucre
  • 1 vainilla
  • 85 gr. de maicena
  • 6 xemas de ovo

Preparación 

Masa quebrada

  • Mesturar nun recipiente axeitado todos os ingredientes, a manteiga ten que estar a temperatura ambiente, ata formar unha bola de masa. Tamén podemos misturar todo cunha amasadora ou coa Thermomix.
  • Facemos unha bola, envolvemola con papel film e metemola na neveira media hora.
  • Despois do tempo de enfriado, poñemos a bola de masa entre dous papeis de forno e estiramos cun rodo ata bter uns 3 milímetros de expesor.
  • Forramos a o molde coa masa e metemos no conxelador mentras preparamos o recheo. Este paso é importante para que a masa non se abrande e quede consitente.

Recheo

  • Nun cazo botamos o leite e a vainilla, raspamos a carne do interior e botamola xunto coa vaina, e quentamos ata ferver. Separamos do lume e deixamos infusionar.
  • Nun bol poñemos os ovos, o azucre e o sal. Batemos todo ata branquear, que quede todo moi ben integrado,
  • A continuación engadimos a maicena e misturamos ben ata que non haxa ningún grumo.
  • Engadimos un cazo ou dous a esta mistura para que se iguale a temperatura e non callen os ovos. Misturamos.
  • Botamos toda a mezcla de ovos e fariña na pota onde quentamos o leite e a vainilla.
  • Poñémola a lume medio alto ata que espese a mezcla e sen deixar de remexer continuamente, xa que se nos queimaria. Quedara espesa como unha crema pasteleira.
  • Cando xa espesou, retiramola do lume e engadimos a nata pouco a pouco ata que se integre totalmente.
  • Sacamos o molde coa masa quebrada do conxelador e vertemos a crema no seu interior. Alisamos a superficie cunha espátula.
  • Cocemos a tarta a 200 º durante 20 minutos con calor abaixo, logo baixamos o forno a 180º con calor de ventilador e forneamos durante 40 minutos. 
  • Cando rematemos o flan estará dourado por arriba, lixeiramente tostado e hinchado. Deixamos enfriar e baixará un pouco. Unha vez frio quitamolo do molde e metemos na neveira durante 3 ou 4 horas. .
  • Que aproveite !!!!  

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará