Esta receita é moi interesante para aproveitar restos de comida que nos queden, admite calquera tipo de recheo que queiramos. Faise moi rápido e está moi rica.
Ingredientes
- 250 gr. de fariña
- 2 culleres sopeiras de aceite de oliva
- 10 gr, de levadura en po
- 130 gr. de auga
- 1 culler de café de sal
Elaboración
- Misturamos todos os ingredientes e amasamos ata integralos todos e conseguir unha masa elastica
- Dividimos a masa en dúas metades iguais
- Estiramos cun rolo a primeira metada dándolle forma redonda do tamaño da tixola
- Botamos o recheo sobre esta primeira metade
- Estiramos a outra metade e cubrimos a anterior con. Pechamos as dúas masas enrolando os bordes como nunha empanada
- Pintamos cun pouco de aceite unha tixola e botamos nela a torta, cociñamos 6 ou 7 minutos por cada lado e listo.
Como recheo podemos usar calquera cousa que nos apeteza. Eu fíxena cun pouco de carne picada que sobrou dos espaquetis á boloñesa e unha poucas de berzas cocidadas que tiña xunto cun pouco de queixo. Tamén queda moi ben se como recheo poñemos 3 ou catro lonchas de xamón e unhas lonchas de queixo.