Pan de molde para torradas


Neste blog poño receitas as veces de colleita propia e outras de blogs, revistas ou de amigos que me van contando. A finalidade é que non se me esquezan as cousas ricas que comemos.

Esta vez a receita é de www.lajuanidesevilla.com

Fixen un par de cambios pequeniños  pero seguro que quedou  tan rico como o orixinal.

É moi fácil de facer ainda que leva un pouco de tempo pero merece a pena. Pódese conxelar en racións individuais e desconxelar cando queramos comelo. Está rico, rico de verdade.

INGREDIENTES

  • 250 grs leite desnatado
  • 50 grs auga
  • 40 grs manteiga a temperatura ambiente
  • 15 grs levadura de panadeiro fresca
  • 435 grs fariña de forza
  • 20 grs azúcre
  • media culleradiña de sal

PREPARACIÓN

Eu fíxeno na Thermomix pero pode facerse a man sin problema.

  • Poñer no vaso  o leite, a auga  e a manteiga, 3 min/37º/vel 1
  • Engadir a levadura, 4 seg/vel4
  • Engadir a fariña, o azúcre, e o sal, 6 min velocidae espiga.
  • Engrasar un bol con aceite, verter a masa dentro, tapar cun pano e deixar que dobre o tamaño. Depende do calor que faga. Eu poñoo no forno a 30 grados durante un par de minutos e deixoo dentro ata que aumente.
  • Poñemos fariña na mesa de traballo e desgasificamos a masa sen amasar moito. Debe quedar algo pegañenta.
  • Formar un rulo que colocaremos nun molde alongado untado con manteiga. Tapar cun film transparente e deixar que levede ata que sobresaia do molde.
  • Prequecer o forno a 200º e fornear 35 min. ( no meu forno é exacto pero dependerá do forno de cada un ) Ten que quedar douradiño.
  • Desmoldar e colocar nunha rexilla para que enfríe.
  • Cando está frío, eu troceo en rebandas e conxelo.

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará