Ingredientes
- 250 gr. de fabas brancas
- 200 gr. de cabaza
- 2 tomates maduros
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 1/2 culleriña de cúrcuma
- un petisco de noz moscada
- aceite de oliva virxe extra
- sal
Preparación
- Cocer as facbas na ola expres durante 10 minutos ( eu utilicei fabas frescas que tiña conxeladas, pero podense usar secas postas a remollo previamente).
- Pelar a cabaza e cortala en dados. colocalos nunha fonte de forno, salgalos e esparexer por riba cun pouco de noz moscada.
- Regar a cabaza cun pouco de aceite e asala no forno a 180º durante 15 minutos.
- Pelar e cortar a cebola en anacos pequenos. Pelar e cortar os allos. Fritir os allos e a cebola nunha tixola con dúas culleradas sopeiras de aceite.
- Botar a cúrcuma no sofrito de allo e cebola e engadir os tomates pelados e cortados en dados.
- Incorporar as fabas xa cocidas e 1/2 litros da auga da cocción das fabas. Deixar cocer todo xunto durante 5 minutos.
- Agregar a cabaza asada e servir.