Arroz con fideos


Esta receita fíxena coa Thermomix pero pode facerse perfectamente sin utilizala para nada e sae igual de rica.

Ingredientes

  • 2 dentes de allo
  • 1/2 pemento
  • 900 gr. de auga
  • Sal
  • 150 gr. de fideos grosos
  • 40 gr. de aceite de oliva virxe extra
  • 150 gr. de arroz redondo
  • 50 gr. de dátiles ou pasas sen pebidas
  • 80 gr. de noces peladas
  • Pementa negra

Preparación

  • Poñer os allos no vaso e programa 4 seg/vel.7
  • Agragar o pemento e trocear 3 seg / vel 4
  • Vertar a auga, o sal e programar 10 min. /Varoma/vel1
  • Mentras tanto, quentar nunha tixola o aceitye e dourar os fideos. Teñen que quedar dourados.
  • Incorporar ao vaso os fideos xunto co aceite utilizado e o arroz- Programar 3 min/100ºC/invertir coitelas/vel 1.
  • Programar 10 min. /100ºC/invertir coitelas/vel 1. Agregar as pasas troceadas e as noces tamén troceadas.
  • Botar nunha fonte, esparexer a pementa e deixar repousar 5 minutos. Listo. para comer.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *