Rocas de granada e améndoa


Esta receita pasouma a miña filla. E unha receita da zona de Levante. Recomendan que se faga con granadas Mollar, Eu fíxena con elas e están deliciosas pero se non se atopan quedarán tamén estupendas se se fan con granada normal.

INGREDIENTES

  • 80 grs de chocolate negro 70%
  • 30 grs améndoas naturais tostadas, sin salgar.
  • 30 grs de graos de granada 
  • sal en escamas (  eu usei o sal Maldon )
  • 22 cápsulas de papel  tamaño 3.5 cm.

PREPARACIÓN

  • Derreter o chocolate e reservar pero sen que se enfrie de todo.
  • Filetear as améndoas xa tostadas.
  • Nun bol mesturar as améndoas cunha terceira parte do chocolate. Comprobar que o chocolate non estea demasiado quente pero que siga liquido.Remexer suavemente. Reservar.
  • Noutro bol mesturar o resto do chocolate cos graos da granada, remexer con coidado para que os graos de grnada non solten o líquido. Reservar.
  • Colocar en cada cápsula un montonciño da mestura de chocolate e améndoas axudándonos con dúas culleriñas. 
  • Colocamos enriba dese montonciño outro da mestura de chocolate e granada.
  • Esparexemos por riba un par de escamas do sal Maldon, ou no seu defecto dúas areiñas de sal normal.
  • Colocamos tódalas cápsulas nunha bandexa e introducimos no frigorífico.
  • E , unha vez frías, xa están listas para comer. Retiramos do frigo e deixamos temperar 5 ou10 minutos

 

Se non tes améndoa tostada, podes tostala no forno 10 minutos a 180 graos.

Teñen que ser améndoas sen salgar.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará