Rolos de pescada


Esta é outra receita de Karlos Arguñano moi doada de facer e tamén moi saborosa. Podese facer con pescada fresca, pero tamén resulta moi ben coa conxelada.

 

INGREDIENTES (para 4 persoas)

  • 800 gr. de pescada
  • 8 lagostinos
  • 1 tallada  grosa de xamón
  • 3 dentes de allo
  • 12 cebola
  • 1 ovo
  • pan relado
  • fariña
  • 1 vaso de viño
  • auga
  • sal
  • pirixel

PREPARACIÓN 

  • Desfacer a pescada. Picar o xamón e poñer todo xunto nun bol.
  • Bater o ovo e engadilo.
  • Engadir un pouco de pan relado para ligar a masa
  • Facer dous ou tres rolos e rebozar coa fariña para darlles forma.
  • Fritir en aceite e reservar.
  • Pochar a cebola no aceite de fritir os rolos. Engadir o outro allo unha culler de fariña. Engadir o pirixel picado e o vaso de viño. Cociñar todo xunto uns minutos.
  • Triturar a salsa
  • Incorporar os lagostinos á salsa. Cociñar 5' .
  • Engadir os rolos de pescada e  cociñar 10'.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *