Filloas de gambas e grelos


filloas1p
filloas3p

Existe unha diferencia entre filloas e freixós. As primeira levan un chisco de sangue do cocho e os freixós non. Aquí usamos a palabra filloa en xeral, leven ou non sangue. Esta receita non leva sangue .

INGREDIENTES

  • 250 grs de grelos cocidos e troceados
  • 300 grs de gambas  cocidas
SALSA BECHAMEL
  • 40 grs  manteiga
  • 40 grs  fariña
  • 500 grs leite
  • pizca de sal
  • noz moscada moida ao gusto.
FILLOAS
  • 100 grs fariña
  • pizca de sal
  • 2 ovos batidos
  • 300 ml leite
  • 1 culler sopeira de manteiga derretida

PREPARACIÓN

  • Cocer e trocear os grelos. Reservar escoados.
  • Cocer as gambas e reservar.
  • Facer a bechamel: derreter a manteiga nunha tixola. Engadir a fariña e cociñar  un par de minutos. Engadir o leite lentamente,  o sal  e a noz moscada. Remexer co batedor ou culler de pau ata que espese. Uns 10 minutos. Reservar quente.
  • Facer as filloas mesturando todolos  ingredientes ata conseguir unha pasta algo densa.
  • Nunha tixola ben quente, pintar con aceite e ir botando pequenas cantidades da masa e repartindo ben facendo xirar a tixola. Cocer un pouco, dar volta coas mans ou axudándonos cun garfo de madeira ou algo así.
  • Mesturamos os grelos e as gambas coa bechamel e repartimos un pouco deste preparado en cada filloa. Doblamos e podemos quencer no microondas ou na mesma tixola.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *