Galletas australianas de avea


australianas

Esta receita pasouma a miña filla para que fixera unhas galletas saudables. Son moi doadas de facer e podes adaptalas ao teu gusto.

 

INGREDIENTES

  • 100 grs copos de avea
  • 100 grs fariña de avea
  • 4 culleradas sopeiras de coco relado
  • 4 culleradas sopeiras de aceite de oliva
  • catro culleradas sopeiras de mel
  • 1 culler sopeira de auga
  • 1 culler de postre de bicarbonato sódico

 

PREPARACIÓN

  • Prequencer o forno a 190 graos
  • Nun bol mesturar os copos de avea, a fariña de avea, o coco e o bicarbonato. Remexer ben.
  • Engadir o aceite, o mel e a auga.Mesturar .
  • Engadir ao gusto 1 cullerada de améndoas picadiñas, ou sementes de xirasol. Tamén se poden poñer noces picadas ou abelás .
  • Amasar ben e ir facendo as galletas  redondiñas de 1 cm de grosor mais ou menos. Se se pega moito  pódense mollar as mans cun pouco de auga fría.
  • Meter no forno 12 minutos a 190 graos. Deben quedar doradiñas .

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *