INGREDIENTES
700 grs de marmelos lavados, cortados en catro e sen pebidas.
700 grs de azucre
zume de medio limón
PREPARACIÓN EN THERMOMIX
- Introducir no vaso os marmelos e o azucre e triturar 40 segundos a velocidade 7.
- Engadir o zume de limón e cocer 30 minutos , 100 graos velocidade 3.
- Repartir en recipientes adecuados.
SEN THERMOMIX
- Poñer a cocer os marmelos nunha pota alta durante 30 minutos, remecendo cada pouco. Teñen que quedar brandos, non desfeitos.
- Pasar polo chino, pesar e engadir a mesma cantidade de azucre ( eu poño un pouco menos). Cocer outros 10 minutos remecendo continuamente.
- Engadir o zume de limón e cocer outros 15 minutos.