Ponche das Clarisas


clarisas

O Rompope é unha bebida de orixe mexicano. Este ponche facíase no convento das clarisas para agasallar aos invitados ilustres.

INGREDIENTES

130 grs de azucre

1 vaina de vainilla

50 grs de améndoas

500 ml de leite

1 pau de canela

3 xemas de ovo

100ml de ron ( tamén pode ser brandy )

 

PREPARACIÓN EN THERMOMIX

  • Introducir o azucre e a vainilla no vaso. Triturar 20 segundos, velocidade progresiva 5-10.
  • Sacar do vaso e reservar.
  • Introducir as améndoas e moer a golpe de turbo .
  • Poñer a mariposa e engadir o azucre vainillado que tiñamos reservado, o leite, e a canela.
  • Cocer 10 minutos 90 graos velocidade 2.
  • Coar e deixar arrefriar fora do vaso.
  • Introducir no vaso as xemas e o ron.
  • Poñer 10 minutos velocidade 3.
  • Engadir a mestura do leite frío. 30 segundos velocidade 2
  • Gardar en frigo. Remover antes de servir.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará