Bertóns da tía Carme


bertons

Hai moitos anos, a tía Carme do Brasil ensinoume a facer ” xarutos”. Así era como lles chamaban en Brasil aos bertóns recheos. Esta receta está un pouquiño cambiada, adaptada ao meu estilo pero básicamente é o mesmo.

Os bertóns son os grolos desenvolvidos da verza (col) logo de cortalles a cabeza.

 

INGREDIENTES

12 bertóns

1/2 kg. de carne de tenreira e porco, picada.

Dúas cebola grandes picada fina

2 dentes de allo picados finos

1 vaso de viño blanco

1  litro de caldo de carne ou verdura

Aceite , sal, e unha guindilla (a quen lle guste)

2 0v0s

fariña para rebozar

PREPARACIÓN

  • Escaldar as follas de verza. Deixalas escoar sobre un pano limpo. Esperar que arrefríen.
  • Dourar a carne picada , media  cebola picada e o allo. Salpementar e engadir a guindilla(se se quere) e reservar para que arrefríe.
  • Extender unha folla de verza e colocar nun extremo unha cullerada da carne frita. Enrolar coidadosamente procurando que quede ben apretada.
  • Cando estean todolos rolos feitos, rebozalos en fariña e ovo e despois fritilos lixeiramente. Reservar
  • Colar o aceite de fritir a carne e botalo nunha pota bastante ampla e dourar a outra cebola picada. Colocar os rolos de carne ben xuntos no fondo da pota. Engadir o viño blanco e o caldo . Ten que cubrilos.
  • Deixar cocer a lume lento unha media hora.

Servir acompañados de arroz en branco acompañado co prebe ou ensalada.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *