Estas riquísimas empanadillas son típicas de Valencia. A miña amiga Ana de Sagunto deume a receita para facelas e aquí vai.
Confitura
Eu fago máis cantidade da necesaria porque se conserva moito tempo e tamén se pode usar como marmelada.
INGREDIENTES
1 kgr de boniatos
azucre
canela ao gusto
reladura de medio limón.
PREPARACIÓN
- Pelar e trocear os boniatos.
- Poñer a cocer 10 minutos na ola rápida ou o tempo necesario na ola normal. Ata que queden brandos, que se podan pinchar cun garfo
- Escoar os boniatos, triturar e pesar.
- Colocar nunha pota e engadir a mesma cantidade de azucre que de puré de boniato, a canela, e a reladura de limón. Cocer lentamente remecendo de cando en cando para que non se pegue, uns 30 minutos.
- Reservar. Empregaremos a confitura en frio.
Masa
200 grs aceite de oliva
750 grs de fariña ( mais ou menos)
canela e azucre para esparexer por riba
pel de medio limón ( sen o branco )
200 grs de mistela ( moscatel )
1 ovo batido
PREPARACIÓN
- Poñer o aceite nunha tixola ao lume e botar a pel de limón. Cando empece a dourarse o limón , retirar do lume. Apartar a pel e deixar arrefriar.
- Nun bol mesturar o aceite, o mistela e canela ao gusto ( como unha cullerada rasa ). Remexer. Engadir a fariña ata que consigamos unha masa que se poda manexar coas mans. Podemos necesitar mais ou menos cantidade de fariña dependendo do tipo desta ou do aceite que empreguemos. Se se nos pega moito as mans, botaremos mais fariña.
- Prequencer o forno a 160 º
- Estirar cun rodo entre dúas follas de film transparente ou papel de cociña.
- Facer redondeles na masa cun cortapastas ou un aro de emplatar . Encher cunha pequena cantidade da confitura de boniatos.
- Colocar as empanadillas na bandexa do forno cuberta con papel de fornear. Pintar por encima co ovo e esparexer azúcre e canela .
- Introducir no forno 30 minutos. Teñen que quedar doradiñas.
Hai pouco atopei outra receita estupenda para facer a masa dos pasteliños. A receita é do convento franciscano do Santo Espíritu do Monte , de Valencia. Ten un toque diferente e gustoume moito por iso poñoa aquí para quen queira probala.
MASA
500 grs aceite oliva
250 grs anís seco
125 grs viño doce ou mistela
1 kg de fariña ( mais ou menos )
Misturar nun bol grande tódolos líquidos.
Engadir a fariña tamizada , pouco a pouco.
Seguir como na receita anterior