Ensalada nicoise


nicoise

ENSALADA  NICOISE

Esta ensalada da revista Thermomix foi un descubrimento sorprendente sobre todo polos ingredientes . Como este ano temos un outono veraniego penso que é un bo momento para introducir a receta.

 

Ingredientes

 

Para a emulsión de sardiñas

100 grs de aceite de oliva

120 grs de sardiñaas  en aceite, escoadas

7 queixiños en porcións

100 grs de auga

Ensalada

750 grs de auga

300 grs feixóns verdes  redondos frescos

3 ovos

1/2 culleradiña de sal

100 grs espinacas baby frescas

80 grs de aceitunas verdes sin oso

150 grs tomates cherry en metades ou 2 tomates en trozos

1 lata de atún en aceite escoado ( 120 grs )

30 grs piñóns tostados

1 cullerada de ceboliño fresco moi picadiño

PARA FACER A EMULSIÓN

  • Poñer no vaso da thermomix : as sardiñas, os queixiños e a auga e triturar 20 seg/vel7. Baixar os ingredientes coa espátula hacia o fondo do vaso.
  • Programar 3 min/vel 5 e ir engadindo, lentamente,  o aceite sobre a tapa sen quitar o cubilete. Retirar e reservar nun bol no frigorífico.

PARA FACER A ENSALADA

  • Poñer no vaso a auga, introducir o cestiño cos feixóns verdes e programar 15 min/Varoma /vel 1.
  • Colocar no cestiño os ovos e programar 5 min/Varoma/ vel 1
  • Retirar o cestiño e refrescar baixo a billa.
  • Poñer os feixóns nunha fonte ampla, engadir as espinacas, os ovos cortados en medias lunas, as aceitunas , os tomates e o atún.
  • Aliñar coa emulsión de sardiñas, os piñóns  e o ceboliño.

NOTA

Pódese facer sen thermomix. A emulsión tritúrase na batedora e os feixóns e os ovos cócense nunha pota.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará