Lasaña de verdura con pasta fresca


lasaña

Encántanos a pasta fresca e non é tan difícil de facer nin siquera é necesario ter a máquina para facela. Esta vez fixémola a man para que vexades que queda ben e está igual de rica.

Masa básica para pasta

INGREDIENTES

350 grs de fariña

2 ovos grandes

PREPARACIÓN

  • Colocar a fariña na encimera en forma de volcán. No centro colocaremos os dous ovos.
  • Cun garfo bater lentamente os ovos e ir engadindo delicadamente a fariña. Se se necesita máis  vaise engadindo.
  • Cando os ingredientes estean ben mesturaos, pasamos a amasar sobre a encimera e esparexemos un poouco de fariña para que non se pegue. Se vemos que nos queda demasiado seca mollamos as maus cun pouco de auga morna e seguimos amasando. Cando xa estea lista, taparemola cun pano limpo e deixaremola repousar un pouco. A masa debe quedar elástica.
  • Cortamos trozos pequenos de masa e imos estirando co rolo o mais fino posible. Este paso tamén o podemos facer coa máquina de facer pasta, se dispoñemos dela.
  • Cortaremos cun coitelo afiado rectángulos da medida desexada .  Poñemos unha pota con auga  suficiente ao lume e cando empece a ferver introducimos as láminas de pasta dunha en unha e cocémolas tres- catro minutos , dependendo do grosa que fixeramos a pasta. Retiramos a pota do lume, refrescamos con auga fria e colocamos as láminas de pasta sobre un pano limpo para que sequen.

Recheo

INGREDIENTES

160 grs de brécol

4 culleradas de aceite de oliva

150 grs de cebola picada miuda

150 grs de  cenoria picada fina

170 grs de cabaza picada en dados

300 grs cabaciña en cadradiños

media culleradiña de sal

1 cullerada de algas espagueti de mar

pementa e albahaca

PREPARACIÓN

  • Cocer o brécol ao vapor ata que quede ao dente. Desfacer en ramiños pequenos e reservar.
  • Poñer as algas nun bol con auga para hidratalas uns 20 minutos.
  • Poñer ao lume unha tixola con catro culleradas de aceite. Incorporar a cebola  e dourar un par de minutos a lume lento.
  • Engadir a cenoria e a cabaza e dourar outro par de minutos .
  • Incorporar o calabacín, o sal as algas troceadas pequenas, pementa e albahaca ao gusto. Cociñar uns 5 minutos e reservar.

Bechamel

INGREDIENTES

40 grs de aceite de oliva

40 grs de fariña

500 ml de leite

1/ 2 culleradiña de sal

pementa negra moida ao gusto

unha pizca de noz moscada relada

PREPARACIÓN

  • Nunha tixola poñer o aceite a quencer lixeiramente.
  • Engadir a fariña e douramos un pouco a lume baixo removendo cun batedor ou culler de madeira.
  • Engadimos o leite,  o sal , a pementa e a noz moscada  e cociñamos  a lume medio uns 15 minutos remexendo continuamente.

MONTAXE DA LASAÑA

  • Nunha fonte apta para o forno e preferiblemente cadrada ou rectangular, colocamos unha capa de láminas de pasta.
  • Botamos por riba unha capa de recheo mesturado con catro culleradas  de bechamel. Outra vez láminas de pasta e despois recheo ata rematar . A última capa que sexa de pasta. Por riba verquemos a bechamel restante.
  • Gratinamos  ata que empece a coller olor e servimos.

 

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *