A min a coliflor non é que me entusiasme pero como hai que comer verduriña tamén hai que buscar receitas que a camuflen un pouco e está é deliciosa. atopeina nunha revista de "cocina expres" de thermomix. Doada de facer e mais ainda de comer e ademais moi, moi rica.
INGREDIENTES
180 grs de pan duro en trozos
400 grs de auga
700 grs de coliflor en ramiños pequenos
1 dente de allo
2 ramiñas de pirixel fresco ( as follas )
60 grs queixo manchego
60 grs queixo mozzarella
un petisco de sal
2 ovos ( un batido para rebozar )
aceite para fritir.
PREPARACIÓN
- Poñer 80 grs de pan duro no vaso 10 seg/vel10. Retirar e reservar nun bol.
- Verquer a auga no vaso, introducir o cestiño coa coliflor e programar 10 min/varoma/vel 1.
- Retirar o cestiño e reservar a coliflor. Baleirara o vaso.
- Poñer os 100 grs restantes do pan, o allo, o pirixel , o queixo e a mozzarella, 15 seg/vel10
- Engadir a coliflor cocida, o sal e un ovo. 5 seg/vel5
- Con dúas culleres formar bolas e aplastar lixeiramente.
- Rebozar en ovo batido e o pan relado reservado.
- Fritir , escoar en papel de cociña e servir quentes acompañados dunha rica ensalada ao gusto.