Marmelada de feixoas e mazás


 

Regaláronme unha bolsa destas froitas pequeniñas, verdes e dun sabor estraño. Non sabía que facer con elas xa que para comer así ao natural facíaseme demasiado, así que recurrín as thermomixeras e entre unhas e outras atopei unha receita de marmelada de feixoas e mazás que está para chuparse os dedos. Aí vai  a receita para disfrutala no inverno.

INGREDIENTES

  • 300 de feixoas, lavadas , coa pel e cortadas en catro trozos.
  • 200 grs de mazáss peladas e sen semente.  Tamén troceadas
  • medio limón sen pela e sen nada de branco, troceado.
  • 1/2 kg de azúcre

PREPARACIÓN (para Thermomix)

  • Poñer no vaso as feixoas, as mazás, o limón e o azúcre. Triturar 15 seg velocidade 6.
  • Programar 30 minutos , varoma, velocidade 1. Poñer o cubilete na tapa  e cando pasen 15 minutos cambiar o cubilete polo cestiño  para que evapore mellor. Queda bastante espesa por eso só lle poño o cestiño a metade do tempo.
  • Verquer en tarros esterilizados e cerrar . Poñelos encima dun pano ou papel de cociña boca abaixo e deixar arrefriar 24 horas.

E xa está lista para facernos mais doce o inverno

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *