Esta receita atopeina nunha revista de cociña e adapteina un pouquiño aos meus gustos. E unha boa idea para comer lentellas de forma diferente. Ainda que é mais de verán tamén se pode comer morna e está igual de rica. É unha receita vexetariana
INGREDIENTES
(4 persoas )
450 grs lentellas cocidas
1 limón
1 tomate algo duro
150 grs queixo feta
100 grs olivas verdes sen óso
1 cenoria
1-2 mazás
medio pemento vermello pequeno
medio pemento verde pequeno
100 grs millo doce
uns talos de ceboliño
aceite e sal
PREPARACIÓN
- Lavar e secar o limón. Relar a pel e expremer
- Poñer nun bol a metade do zume, a reladura de limón, 100 ml. de aceite e unha pisca de sal.Bater manualmente ata emulsionar.
- Desmiuzar o queixo, enxugar as olivas, escoar e partir en aros.
- Limpar os pementos e raspar a cenoria e lavar xunto co tomate. Secar e cortar en dados pequenos todo.
- Enxugar o millo e escoar as lentellas e poñer nunha ensaladeira.
- Agregar o resto dos ingredientes removendo con culler.
- Cortar as mazás peladas e descorazonadas en láminas e regalas co limón restante.
- Aliñar coa mestura de limón e reladura, decorar coas láminas de mazá e ceboliño e servir.