As galletas son sempre algo moi socorrido sobre todo se son ricas e se fan nun plis plas. Esta receita xa a fixen moitas veces pero hoxe vouna gardar aqui para tela sempre a man. Non son galletas moi saudables pero, que se lle vai facer. Tamén hai que darlle algunha alegría ao corpo!
El gran libro de la repostería paso a paso foi onde atopei esta receita.
INGREDIENTES
125 grs fariña normal
1 belisco de sal
media culleradiña de canela moida
a reladura dunha laranxa
50 grs azúcre glas
100 grs manteiga branda
1 xema de ovo
1 cullerada sopeira de zume de laranxa
PREPARACIÓN
- Nun bol tamizar a fariña, a canela e o azúcre glas.
- Engadir a reladura de laranxa, a manteiga, a xema de ovo e o zume de laranxa.Bater ata ter unha masa branda. Envolver en film transparente e meter na neveira un mínimo de media hora.
- Prequencer o forno a 190 º con ventilador.
- Entre duas láminas de film transparente estirar a masa cun rodo ata uns 3 mm. de grosor.
- Cortar a masa cun cortapastas e colocar as galletas nunha bandexa de forno cuberta con papel de fornear, ou untada en aceite.
- Fornear uns 10 minutos ou ata que estean doradiñas, dependendo do forno.
- Retirar e deixar arrefriar sobre reixa metálica
Sempre saen ben !