galletas de fariña de castañas


Nunca fixera galletas deste tipo pero tiña a fariña na casa e  non sabía que facer con ela así que buscando na rede atopei  no blog de Nany Román esta receita que me pareceu interesante e velai o resultado.

INGREDIENTES

200 grs fariña de castañas

100 grs Maizena

150 grs de manteiga de vaca clarificada

1 ovo

1 xema de ovo

100 grs azúcre

50 grs azúcre glas

pebidas de chocolate e azúcre para decorar

PREPARACIÓN

  • Poñer nun bol : a fariña de castañas, a Maizena,o azúcre e o azúcre glas. Mesturar ben.
  • Facer un oco no centro  e poñer a manteiga cortada en anacos pequenos, o ovo e maila xema. Amasar ata conseguir unha masa suave e lisa.
  • Tapar cun pano e deixar repousar media hora.
  • Forrar a bandexa do forno con papel sulfurizado  e prequencer a 180º.
  • Estender a masa entre dúas láminas de film transparente ou papel de forno e estirar co rodo.
  • Cun cortapastas ou  un vaso da medida apropiada cortar as galletas. Colocar na bandexa do forno preparada, esparexer un pouco de azúcre sobre cada galleta e colocar un montonciño das pebidas de chocolate presionano coa man para que se fixen ben á masa.
  • Fornear uns 15 minutos ou ata que estean doradiñas. retirar do forno e arrefriar nunha rexilla.
  • Cando xa estean frías pódense gardar nun bote hermético. Conservanse ben bastantes días.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *