A verdade é que foi unha sorpresa moi agradable atopar esta receita de PAULINA COCINA, polo menos para min que non son moi amiga destas verduras pero descubrín que quedan xenial nesta receita e pódense conxelar o que dá moito xogo . Ademais fanse nun momento, claro que tamén se comen nun momento do ricas que están.O que proba, repite. Grazas Paulina !!
INGREDIENTES
2 berenxenas tamaño mediano
1 taza de queixo relado (ao gusto )
1 taza de pan relado e máis pan para o rebozado.
2 claras de ovo
1 dente de allo
sal e pementa
unhas lonchas de mozarela
1 bote de 1/2 kilo salsa de tomate
PREPARACIÓN
- Cortar ao longo as berenxenas en lonchas finas, coa pel. Salgar e deixar unha media hora para que suden e perdan o amargor.
- Lavar e secar ben cun papel ou pano de cociña. Dorar nun pouco de aceite. Deixar arrefriar un pouco.
- Triturar as berenxenas co dente de allo, o queixo, o pan relado e sal e pementa negra moida ao gusto ( media culleradiña de café )
- Retirar a un bol e remexer mesturando coas duas claras de ovos. Ten que quedar unha masa moi homoxénea, compacta e facil de manexar coas mans.
- Coas mans humedecidas en auga facer as boliñas de tamaño dunha noz frande, pasar por pan relado e fritir por tódolos lados retirando a unha fonte cuberta con papel absorbente.
- Nunha tixola poñemos a salsa de tomate ao lume e verquemos as albóndigas dentro simplemente para que collan o sabor, e colocámoslles por riba unhos trociños de mozarela en cada albóndiga.
- E mentras facemos unha ensalada e xa está a comida lista !