Menudo descubrimento, atopei estas galletas en internet, de varias formas diferentes e fixen algunha variación para que quedaran ao meu gusto. A masa faise moi fácil e rápido; o que mais leva e facer a forma das galletas e poñerlles o azucre e a reladura de limón por riba.
Foron un éxito. Leveinas a testar a MULLER EN FORMA e foi un éxito total.
Aquí queda a miña versión deste doce tan rico que nas terras murcianas adoitaban facelo en Nadal e aquí facémolo cando nolo pide o corpo.
INGREDIENTES
675 grs. de fariña
240 grs de azucre
2 ovos
10 grs. levadura en pó ( Royal)
bicarbonato
1/2 vaso aceite de xirasol
1/2 vaso de zume de laranxa ou limón
reladura de laranxa / limón ao gusto
azúcre moreno para decorar.
PREPARACIÓN
- Nun bol grande bater os ovos e o azucre.
- Engadir o aceite, o zume, a reladura de 1 laranxa/limón e remcer ben.
- Incorporar a levadura e 3 culleradas de postre de bicarbonato.
- Ir integrando toda a fariña pouco a pouco. A masa ten que desprenderse do bol. Pode necesitar mais cantidade dependendo da clase de fariña. Ten que poder manexarse ben coas mans.
- Prequencer o forno a 180 º. Cubrir con papel de fornear unha bandexa.
- Facer as galletas collendo porcións un pouco mais grandes que unha noz , ir aplastándoas coas mans e colocalas encima da bandexa forrada. Deixar un pouco separadas para que non se peguen porque aumentan algo de tamaño.
- Botar por riba un pouco de azúcre moreno e algo de reladura de limón/laranxa.
- Fornear 20 ou 25 minutos dependendo do forno. Deben quedar doradiñas,
Merece a pena facelas ,comelas e compartilas !