Temos eiquí unha boa solución de reciclaxe que se nos ocorreu despois de ver na tele un programa de Jamie Olivier. Aproveitamos o que sobrou dun polo asado .Está impresionante.
INGREDIENTES
3 liscos de touciño entrefebrado, sen pel e troceados pequenos.
2.000 grs de porros, lavados, cun pouco da parte verde e troceados en aros finos.
2 ramiñas de tomiño
2 culleradas de aceite
sal, pementa negra moida
restos do polo desmenuzados ( uns 300 grs ou o que se queira )
2 culleradas de fariña
1000 grs de caldo vexetal
2 culleradas de queixo cremoso (tipo philadelfia )
1 culleriña de pementa branca.
1 lámina de follado adaptada á fonte que irá ao forno.
300 grs guisantes
PREPARACIÓN
- Nunha pota grande bótase o aceite, os liscos de touciño e o tomiño. Dourar ata que se torre o touciño.
- Engadir os porros, sal e pementa ao gusto. Remexer, tapar e cocer a lume lento 30 minutos remexendo de cando en vez.
- Prequecer o forno a 180º
- Engadir o polo, as 2 culleradas de fariña, o caldo vexetal, pementa branca ao gusto. Integrar todo e deixar cocer 10 minutos. Remexer de cada pouco.
- Escurrir nun coador cun recipiente debaixo para recoller o líquido que solta e reservar este líquido.
- Nunha fonte fonda de forno colocar a mestura de porros e polo, estirada cubrir co follado deixando uns 3-4 cm por cada lado para remeter por baixo do recheo para cerrar. Pintar con ovo batido.pinchar a masa por riba cun garfo para que non suba moito.
- Intoducir no forno previamente prequencido e deixar uns 30 minutos ata que se vexa dourado o follado. O tempo dependerá do forno.
- Acompañar o plato cuns guisantes cocidos e napar coa salsa dos porros reservada.
Merece a pena facela . É un plato de luxo pero pouco complicado de facer e ademais está riquísimo..