Este prato de Luras, é moi sinxelo de facer e ademáis rápido. Eu utilicei luras conxeladas pero pódense utilizar igualmente frescas. As setas poden usar as que máis nos gusten ou misturar con champiñons.
INGREDIENTES
Para as luras
- 500 gr. de luras
- 2 cebolas grandes
- 1 vaso de viño
- Pementa
- Sal
- Aceite de oliva virxe extra
- Loureiro
Para a ensalada
- 150 gr de cabaza
- 2 dentes de allo
- 150 gr. setas (ao gusto de cada quen)
- 100 gr de leituga
- Rúcula
- 1 culler de postre de mel
- 1 culler sopeira de piñóns
- 1/2 guindilla
- 2 culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra
- 2 culleres sopeiras de vinagre
- Pementa
- Sal
ELABORACIÓN
Luras enceboladas
- Quentamos 2 culleres de aceite nunha pota axeitada.
- Sofritimos a cebola a lume maino durante 10 minutos máis ou menos. Ten que quedar ben pochadiña.
- Cando estea a cebola engadimos as luras cortadas en trozos e fritimos a lume máis forte. Tendo tento que non se queime a cebola fritimos ata que solten toda a auga para que e consuma antes de botar o viño.
- Engadimos a pementa.
- Engadimos o vaso de viño e cociñamos ata que estean tenras.
Ensalada de cabaza e setas
- Cocemos a cabaza 10 minutos ao vapor. Reservamos
- Nunha tixola botamos unha culler de aceite e un dente de allo laminado. Ffritimos as setas. Engadir sal e pementa. Reservar cando estean feitas
- Na mesma tixola dorar dous dentes de allo picadiños, a guindilla e os piñóns e cando estean dourados engadimos o vinagre, deixamos evaporar e por último agregamos o mel. Misturamos todo ben e sacamos do lume. Reservamos e deixamos temperar.
- Por último montamos a ensalada:
- Facemos unha base de leituga e rúcula, enriba botamos as setas a continuación a cabaza e por último a vinagreta de piñóns. Podemos servia así ou ven misturar todos os ingredientes antes de servir.