Galletas para cans


Atopei esta receita no blog recetas para thermomix, e pareceume moi interesante xa que teño unha cadela e moi afeizoada ao chumes. Estes pareceronme interesante e sans.

INGREDIENTES

  • 160 gr. de peituga de polo (eu useina de pavo)
  • 150 gr. de salvado de avea
  • 2 ovos
  • 75 gr. de aceite de oliva
  • 1 cenoria
  • 190 gr. de fariña
  • 1 allo
  • 1 cullerada de queixo

PREPARACIÓN

  • Engadir ao vaso da Thermomix os ovos, a peituga cortada en anacos, o allo e a cenoira. Programar velocidade 5/ 20 segundos.
  • Engadir o aceite. Programar velocidade 2 / 100º / 7 minutos.
  • A continuación engadimos o queixo, o salvado de avea e a fariña. Programar velocidade 3 / 4 minutos.
  • Esparexer fariña na encimeira e sacar a masa do vaso e extendela coa axuda dun rolo.
  • Cortamos as galletas coa axuda dun cortapastas ou dun molde de galletas, dándolles a forma que desexemos.
  • Poñemolas enriba dun papel de forno na bandexa de forno.
  • Metemolas no forno a 180º durante 23 minutos. Dependendo do forno de cada quen pode ser máis ou menos tempo.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará