Solombo de porco con salsa de mazá, cenoiras, arroz integral e verduras


O outro día vendo un programa de cociña da  TVE2 os Superalimentso de Jamie, vin como o cociñeiro Jamie Oliver elaboraba este delicioso e saudable prato de comida; polo que me puxen á faena de elaboralo. A verdade non me decepcionou pois resultou ser o que prometía un prato delicioso e ademais moi soudable.

INGREDIENTES

  • 2 mazás
  • 1 trozo de xenxibre de 1 cm
  • 125 gr. de arroz integral
  • 200 gr. de cenoiras pequenas
  • 150 gr. de brócoli
  • 22o gr. de solombo de porco
  • 1 noz moscada para relar
  • 8 follas de salvia fresca
  • Aceite de oliva virxe extra
  • 2 laranxas
  • 2 culleres sopeiras de iogur natural (sen azucre)

PREPARACIÓN

  • Cortamos as mazás en cuartos e retiramos o carozo. Pelamos e picamos o xenxibre e poñemos todo nunha pota con 200 ml de auga fervendo.
  • Fervemos 10 minutos, removendo de cando en vez. A continuación vertemos o contido na pota, gardamos un pouco de auga da coción por se necesitamos diluir algo o puré resultante,  e trituramos todo cunha batedora ata que estea homoxéneo. Reservamos.
  • Cocemos o arroz seguindo as instrucións do paquete. Escurrimos e reservamos
  • Pelamos a cenoiras e cocémolas ao vapor 20 minutos. Reservamos.
  • Cocemos o brócoli ao vapor durante 5 minutos. Reservamos.
  • Sazonamos o solombo con sal, e pementa negra.
  • Raiamos una cuarta parte da noz moscada e restregamos ben as follas de salvia polos dous lados do solombo.
  • Poñemos unha culler sopeira de aceite nunha tixola a lume medio, engadimos o porco e as cenoiras.
  • Saltemos o solombo 4 minutos por cada lado  segundo o seu grosor, ou ata que estea feito e dourado.
  • Poñemos o solombo enriba dunha táboa e deixamos repousar uns minutos.
  • Baixamos o lume ao mínimo, exprimimos o zume das laranxas por enriba das cenoiras e axitamos a tixola ata que queden ben cubertas. Deixamos cocer ata obter  un glaseado almibarado.
  • Cortamos o solombo e servimos co arroz, o brócoli e as cenoiras.
  • Misturamos o iogur coa metade da salsa de mazá e servimos co solombo.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *