Concentrado de caldo de verduras


Este é un concentrado de caldo de verduras de Thermomix. Eu utilizoo coas comidas coma se fose esas  pastillas de caldo comerciais. Unha culler de postre deste concentrado equivale a unha pastilla de caldo comercial para 0,5 litros.  O concentrado pode conservarse durante meses no frigorífico sen nengún problema. Como se pode observar utiliza como axente conservante o sal, polo que, na maioria dos casos, non temos que engadir sal á nosa comida.

INGREDIENTES

  • 100 gr. de apio cortado en anacos
  • 250 gr. de cenoira cortada en anacos
  • 100 gr. de cebola cortada en anacos
  • 150 gr. de cabaciña cortada en anacos
  • 100 gr. de tomate fresco cortado en anacos
  • 1 dente de allo
  • 50 gr. de setas frescas
  • 1 folla de loureiro
  • Unhas ramiñas de herbas frescas (albahaca, salvia, romeu só as follas)
  • 4 ramiñas de perexil fresco
  • 120 gr. de sal gorda
  • 30 gr. de viño branco seco
  • 1 culler sopeira de aceite de oliva virxe extra

PREPARACIÓN

  • Poñer no vaso da Thermomix o apio, a cenoira, a cebola, o tomate, a cabaciña, o dente de allo, as setas, a folla de loureiro, as herbas fresacas e o perexil e trocear 10 seg/vel  7 con axuda da espátula. Coa espátula baixar os ingredientes hacia o fondo do vaso.
  • Engadir o sal gordo, o viño e o aceite de oliva. Programar 35 min. /Varoma/vel 2 e no canto do cubilete, poñer o cestiño sobre a tapa para evitar salpicaduras. A mistura vai espesar e secarse bastante.
  • Verter o concentrado en botes de cristal e gardar na neveira. Conservarase durante meses.

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará