Madalenas con pebidas de chocolate.


As madalenas  son un clásico en todo momento e nas circunstancias que estamos a pasar casi é obrigado facelas para endozar un pouco as malas noticias.

INGREDIENTES

  • 4 ovos enteiros
  • 230 grs azúcre
  • 230 grs aceite de xirasol ou oliva soave
  • 300 grs fariña
  • 1 sobre de Royal  (ou 16 grs de levadura en pó )
  • Gotas ou trociños de chocolate ao gusto.

PREPARACIÓN

  • Nun bol bater os ovos.
  • Engadir o azucre e seguir batendo.
  • Incorporar o aceite. Remecer.
  • Engadir a fariña mesturada co Royal.
  • Prequecer o forno a 250 °
  • Ir poñendo a masa nos moldes . Colocar 3-4 gotas de chocolate no medio de cada molde.  Colocar as madalenas nunha bandexa de forno cuberta con papel de cociña.
  • Meter ao forno, esperar 5 minutos e baixar a 210 °
  • Cociñar uns 15 min dependendo do forno.

 

 

 

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *