Esta receita de hoxe é algo moi sinxelo de facer e tamén moi rápido. Para eses días que non temos moito tempo para cociñar e queremos facer unha cómida rápida. Os garbanzos póñoos a remoño e logo méteos en bolsas de 300 gr. e gárdoos no conxelador. Así cando os quero usar xa están listos para cocer.
Ingredientes
- 300 gr de garbanzos
- 300 gr. de repolo
- 1 cebola grande
- 1 culler sopeira de cominos
- 1 anaco de 1 cm de xenxibre fresco
- 1 culler de postre de cúrcuma
- 1 culler de postre de tomillo fresco
- sal
- 2 culleres sopeiras de aceite de oliva virxe extra
Elaboración
- Poñemos auga na ola expres e cando comeze a ferver engadimos os garbanzos sen desconxelar. Cocemos durante 10 munitos no 1.
- Poñemos a quentar o aceite e cando estea poñemos a sofrir os cominos.
- Engadimos a cebola picada en xuliana e fritimos a lume maino durante 10 minutes ata que estea ben feita.
- Engadimos a cúrcuma. Coidado en non queimala pois amarga nese caso. Botamos o tomillo e o xenxibre e sofrimos un pouco
- Botar o repolo. Misturar todo e cociñar a lume mino durante 15 minutos remellendo con frecuencia.
- Engadimos os garbanzos e cociñamos todo xunto durante 12 minutos. E listo, a comer !!