Existe unha diferencia entre filloas e freixós. As primeira levan un chisco de sangue do cocho e os freixós non. Aquí usamos a palabra filloa en xeral, leven ou non sangue. Esta receita non leva sangue .
INGREDIENTES
- 250 grs de grelos cocidos e troceados
- 300 grs de gambas cocidas
SALSA BECHAMEL
- 40 grs manteiga
- 40 grs fariña
- 500 grs leite
- pizca de sal
- noz moscada moida ao gusto.
FILLOAS
- 100 grs fariña
- pizca de sal
- 2 ovos batidos
- 300 ml leite
- 1 culler sopeira de manteiga derretida
PREPARACIÓN
- Cocer e trocear os grelos. Reservar escoados.
- Cocer as gambas e reservar.
- Facer a bechamel: derreter a manteiga nunha tixola. Engadir a fariña e cociñar un par de minutos. Engadir o leite lentamente, o sal e a noz moscada. Remexer co batedor ou culler de pau ata que espese. Uns 10 minutos. Reservar quente.
- Facer as filloas mesturando todolos ingredientes ata conseguir unha pasta algo densa.
- Nunha tixola ben quente, pintar con aceite e ir botando pequenas cantidades da masa e repartindo ben facendo xirar a tixola. Cocer un pouco, dar volta coas mans ou axudándonos cun garfo de madeira ou algo así.
- Mesturamos os grelos e as gambas coa bechamel e repartimos un pouco deste preparado en cada filloa. Doblamos e podemos quencer no microondas ou na mesma tixola.