Esta receita pasouma a miña filla para que fixera unhas galletas saudables. Son moi doadas de facer e podes adaptalas ao teu gusto.
INGREDIENTES
- 100 grs copos de avea
- 100 grs fariña de avea
- 4 culleradas sopeiras de coco relado
- 4 culleradas sopeiras de aceite de oliva
- catro culleradas sopeiras de mel
- 1 culler sopeira de auga
- 1 culler de postre de bicarbonato sódico
PREPARACIÓN
- Prequencer o forno a 190 graos
- Nun bol mesturar os copos de avea, a fariña de avea, o coco e o bicarbonato. Remexer ben.
- Engadir o aceite, o mel e a auga.Mesturar .
- Engadir ao gusto 1 cullerada de améndoas picadiñas, ou sementes de xirasol. Tamén se poden poñer noces picadas ou abelás .
- Amasar ben e ir facendo as galletas redondiñas de 1 cm de grosor mais ou menos. Se se pega moito pódense mollar as mans cun pouco de auga fría.
- Meter no forno 12 minutos a 190 graos. Deben quedar doradiñas .