Hai moitos anos, a tía Carme do Brasil ensinoume a facer ” xarutos”. Así era como lles chamaban en Brasil aos bertóns recheos. Esta receta está un pouquiño cambiada, adaptada ao meu estilo pero básicamente é o mesmo.
Os bertóns son os grolos desenvolvidos da verza (col) logo de cortalles a cabeza.
INGREDIENTES
12 bertóns
1/2 kg. de carne de tenreira e porco, picada.
Dúas cebola grandes picada fina
2 dentes de allo picados finos
1 vaso de viño blanco
1 litro de caldo de carne ou verdura
Aceite , sal, e unha guindilla (a quen lle guste)
2 0v0s
fariña para rebozar
PREPARACIÓN
- Escaldar as follas de verza. Deixalas escoar sobre un pano limpo. Esperar que arrefríen.
- Dourar a carne picada , media cebola picada e o allo. Salpementar e engadir a guindilla(se se quere) e reservar para que arrefríe.
- Extender unha folla de verza e colocar nun extremo unha cullerada da carne frita. Enrolar coidadosamente procurando que quede ben apretada.
- Cando estean todolos rolos feitos, rebozalos en fariña e ovo e despois fritilos lixeiramente. Reservar
- Colar o aceite de fritir a carne e botalo nunha pota bastante ampla e dourar a outra cebola picada. Colocar os rolos de carne ben xuntos no fondo da pota. Engadir o viño blanco e o caldo . Ten que cubrilos.
- Deixar cocer a lume lento unha media hora.
Servir acompañados de arroz en branco acompañado co prebe ou ensalada.