ENSALADA NICOISE
Esta ensalada da revista Thermomix foi un descubrimento sorprendente sobre todo polos ingredientes . Como este ano temos un outono veraniego penso que é un bo momento para introducir a receta.
Ingredientes
Para a emulsión de sardiñas
100 grs de aceite de oliva
120 grs de sardiñaas en aceite, escoadas
7 queixiños en porcións
100 grs de auga
Ensalada
750 grs de auga
300 grs feixóns verdes redondos frescos
3 ovos
1/2 culleradiña de sal
100 grs espinacas baby frescas
80 grs de aceitunas verdes sin oso
150 grs tomates cherry en metades ou 2 tomates en trozos
1 lata de atún en aceite escoado ( 120 grs )
30 grs piñóns tostados
1 cullerada de ceboliño fresco moi picadiño
PARA FACER A EMULSIÓN
- Poñer no vaso da thermomix : as sardiñas, os queixiños e a auga e triturar 20 seg/vel7. Baixar os ingredientes coa espátula hacia o fondo do vaso.
- Programar 3 min/vel 5 e ir engadindo, lentamente, o aceite sobre a tapa sen quitar o cubilete. Retirar e reservar nun bol no frigorífico.
PARA FACER A ENSALADA
- Poñer no vaso a auga, introducir o cestiño cos feixóns verdes e programar 15 min/Varoma /vel 1.
- Colocar no cestiño os ovos e programar 5 min/Varoma/ vel 1
- Retirar o cestiño e refrescar baixo a billa.
- Poñer os feixóns nunha fonte ampla, engadir as espinacas, os ovos cortados en medias lunas, as aceitunas , os tomates e o atún.
- Aliñar coa emulsión de sardiñas, os piñóns e o ceboliño.
NOTA
Pódese facer sen thermomix. A emulsión tritúrase na batedora e os feixóns e os ovos cócense nunha pota.