Calendario de advento


advento_grande

Esta tradición gústame dende hai moitos anos, cando a miña filla era moi pequena. A idea de ir poñéndolle un regaliño dende o día primeiro ata o 24 de decembro pareceume moi agradable.

Cando descubrín esta tradicción non habia internet nin cousas destas así que tiven que poñer a funcionar a imaxinación e como tiña moitas ganas de facelo, botei man do que tiña mais preto : un cacho de tela gorda, un trozo de tela de punto verde e uns lazos de color vermello. Así fixen unha base rectangular coa tea gorda, coa verde fixen a silueta dun pino  e onde puiden cosinlle os lazos vermellos para atar con eles os regalos que quería colgar. Despois decidin colgar o calendario e púxenlle unha vara de suxeitar unha pranta e para que quedase estirado e para colgarlo unha trenza dunha la que tiña pola casa. Levoume menos dunha hora pensalo e facelo.

Agora , que xa hai moitos inventos para mirar, comprar e dar ideas , na revista PATCHWORK EN CASA atopei un bo dia un calendario precioso pero como a miña filla xa está moi crecidiña para estas cousas fixen ese calendario para a neta dunha amiga e esta fin de semana repetín para a miña neta postiza Celia.

ELABORACIÓN

  • Faise un rectángulo para o corpo de 20×50 . Enchese co recheo.
  • Para a cara crease un patrón de 22×14 cm aproximadamente que cortaremos dándolle a forma da cara e o colo.  Faise dobre e polo medio méteselle unha guata gordiña.  Pintamoslle uns ollos, fuciño e boca , colocamoslle con la uns flequiños e unhas trenzas e cosémolo ao corpo.
  • Os brazos elabóranse con dous rectángulos de 10x 45 .
  • As pernas con dous rectángulos de 15×48.
  • Cosemos brazos e pernas ao corpo.
  • Confeccionase un vestido duns 72 cm de longo e cosémoslle os bolsilliños  cos días do 1 ao 24. Cosemos todo o vestido menos un hombro para poder vestir a boneca . Despois cosemos o hombro a man.
  • Calcetamos unha bufandiña e só queda poñer os regalos  e o día primeiro de decembro empezar o ritual:

Cada día o rapaz/rapaza collera o regalo que corresponda co dia. Non vale facer trampas.

Os regalos terían que ser cousas sinxelas como unha lambetada, un permiso para facer algo, algo para compartir… a idea é que non se gasten cartos sin sentido .

E funciona.

Deixa o teu comentario.

O teu enderezo electrónico non se publicará