INGREDIENTES
200 grs de fabas
Kilo e medio de castañas
2 cebolas non moi grandes
1 dente de allo
2-3 patacas non moi grandes
3 culleradas de aceite
2 culleradas de vinagre.
PREPARACIÓN
- Poñer as fabas a remollo a noite anterior.
- Pelar as castañas e ferver en auga con media culleradiña de sal 10 minutos. Escoar e pelar. Cortar pola metade e reservar.
- Nunha pota poñer as fabas , auga con media culleradiña de sal para que as cubra abundantemente , 1 cebola enteira . Deixar que levante fervedura e cunha escumadeira retirar a escuma. Deixar ferver uns 20 minutos.
- Engadir as castañas e deixar cocer outros 10 minutos.
- Poñer as patacas rotas en trozos pequenos dentro da pota e deixar cocer todo xunto polo menos media hora.
- Facer un rustrido coa outra cebola moi picadiña e 3 culleradas de aceite. Engadir o vinagre. Deixar cocer un par de minutos e botar por enriba do caldo. Deixar cocer 5 minutos mais.